Galicia Vigo al minuto

@bngvigo pide o cesamento de López Veiga por “sabotear” a actividade naval en Vulcano

Logo da decisión da Audiencia Provincial de Pontevedra de desestimar o recurso presentado pola Autoridade Portuaria de Vigo no proceso concursal de Vulcano, co obxectivo de rescatar a concesión para “impedir a continuidade da actividade industrial nese estaleiro”, o Bloque Nacionalista Galego esixiu que a Xunta propoña de maneira inmediata o cesamento de Enrique López Veiga como presidente do Porto. 

“É claro que o único afán nos últimos meses do popular López Veiga foi sabotar e boicotar por todos os medios a posibilidade de evitarmos a desaparición definitiva de Vulcano”, criticou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas. Polo que, entenden, “non pode continuar un minuto máis á fronte da Autoridade Portuaria”. 

Igrexas lamentou tamén a complicidade do Goberno español por “ter permitido que a avogacía do Estado en troca de defender o interese xeral se personase neste procedemento para defender a obsesión persoal de López Veiga en contra do sector naval de Vigo e singularmente de Vulcano”. 

También te puede interesar