Destacados Vigo al minuto

O Goberno local estuda un novo aprazamento no pago dos impostos municipais

Abel Caballero asegurou este xoves, durante a celebración do ‘Pleno telemático do Concello que non descarta “en absoluto” unha nova prórroga nos prazos de pago de impostos que, subliñou, será valorada no comité de seguimento municipal, despois de que o goberno vigués aprazara os abonos de circulación, ICIO, plusvalía, ademáis de paralizar os  dos recursos.

A decisión sobre este novo aprazamento, sinalou o alcalde, estará en función da evolución do estado da pandemia do COVID-19.

Uso de 19 millóns máis para afrontar as consecuencias da pandemia na cidade

Nesta sesión extraordinaria e monográfica da Corporación sobre o coronavirus, coa presenza do alcalde, os tenentes de alcalde e os voceiros dos grupos municipais, co resto dos concelleiros e concelleiras seguindo a sesión de forma telemática dende as súas casas, Caballero sinalou que demandará do Goberno poder empregar sen límites tanto os remanentes como o superávit do pasado ano para facer fronte ás consecuencias da pandemia na cidade, proposta aprobada por todos os grupos municipais.

Ata hoxe,  Vigo ten permiso para empregar 3,8 millóns, o 20% do excedente de 2019, para política social e coa limitación de manter o equilibrio orzamentario; a Corporación demanda poder utilizar tamén o 80% restante ata os 19 millóns de euros do superávit do ano pasado,ademáis dos remanentes e sen condicionantes previos,agás o mantemento do equilibrio orzamentario.

También te puede interesar