'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

@anegaestudantes convoca folga indefinida nas universidades de Galicia

Logo dunha campaña en redes sociais, que cehgou a ser trending topic en twitter con hashtags como #FinDeCursoXa, #AsíNonUVigo ou #AsíNonUsc, o estudantado universitario comezará unha folga de duración indefinida este xoves 16 de abril para “lograr as súas demandas”. Convocada polo sindicato estudantil ANEGA, reclama a liquidación do curso académico coa superación automática das materias, na liña do que pediron outras asociacións coma ANPAS galegas no ensino medio. Para iso, o estudantado deixará de asistir ás clases virtuais e de entregar traballos, sendo a primeira folga destas características na historia do Estado.

Dende ANEGA, denunciaron que os estudantes “xa perdemos toda a confianza nas nosas universidades”, logo das declaracións en prensa dos reitores da USC ou da UDC anunciando medidas de forma “totalmente extraorgánica ás canles de comunicación co estudantado“. As medidas anunciadas polas universidades van dende a realización de exames telemáticos, que requiren dunha infraestrutura que dende o sindicato califican de “inexistente”, ata a realización de exames presenciais, “moi perigosos” no contexto de pandemia que estamos vivindo, e foron rexeitadas por un gran número de estudantes nas redes sociais.

Ademais, ANEGA denuncia as consecuencias económicas e psicolóxicas que esta tendo sobre o estudantado a crise do COVID-19, que, conxuntamente coas graves limitacións técnicas da avaliación, imposibilitan continuar o curso. A convocatoria, xa realizada de forma oficial nas tres universidades, está tendo un gran apoio en redes con varios centos de interaccións.

También te puede interesar