Destacados Sucesos

Alóngase o tempo de resposta das ambulancias Vigo ante casos de infarto ou ictus

O Bloque Nacionalista Galego alertou este martes da situación de sobrecarga que atravesan as ambulancias do 061 na cidade. O concelleiro, Xabier P. Igrexas, explicou que as dotacións, que xa eran de partida insuficientes para atender a poboación de Vigo, non foron debidamente reforzadas diante da crise sanitaria da Covid 19.

Igrexas expresou a súa preocupación polas consecuencias que a insuficiencias de medios para a atención de emerxencias sanitarias poida ter. Nese sentido, puxo o foco en que o feito de que “as mesmas ambulancias teñan visto duplicada a súa carga de servizos por causa do coronavirus, estaría a comprometer a debida rapidez na asistencia de patoloxías graves e tempo-dependentes como son os infartos ou ictus”.  

Sen máis medios, estanse alargando perigosamente os tempos de resposta para atender problemas nos que a rapidez é clave. Nesta situación hai pacientes que están a achegarse aos centros hospitalarios co seus propios medios ou chegan máis tarde do que se debera” alertou o portavoz municipal nacionalista.

En Vigo continúan operando 6 ambulancias de soporte vital básico de día e outras 3 de noite xunto a ambulancia de enfermería, á que se engade unha única ambulancia de soporte vital avanzado as 24h para toda a cidade. Uns medios que segundo puido constatar Igrexas con representantes sindicais do sector resultan claramente insuficientes, polo que instan ao seu aumento.

También te puede interesar