Cultura Vigo al minuto

Zona Franca paga ao Concello 5,6 millóns polo antigo Reitorado

O alcalde, Abel Caballero, e o delegado da Zona Franca, David Regades, asinaron este luns ante notario a compravenda dos inmobles de Areal 46 e rúa Oporto 1, o antigo Reitorado e o edificio anexo, que pasan a mans do Consorcio a cambio de 5,6 millóns de euros.

Segundo explicou o rexedor, a taxación valorou o edificio histórico do antigo Reitorado en 3,48 millóns de euros e o edificio anexo, en 2,12 millóns de euros. O importe total da operación xa foi transferido pola Zona Franca ao Concello de Vigo.

Abel Caballero asegurou que despois desta compravenda “somos financeiramente máis fortes que antes e é un bo momento para selo porque veñen tempos difíciles e eu quero utilizar os recursos do Concello de Vigo en favor do conxunto da cidade”.

Pola súa banda, David Regades considera que “poder levar ao centro da cidade a sede de Zona Franca é un gran paso”, xa que con este traslado “poderemos achegar aínda máis a nosa xestión á cidadanía” e “volver, cunha sede propia, ao lugar onde naceu hai máis de 70 anos para ser o principal axente inversor de Vigo e a súa área de influencia”.

También te puede interesar