Cultura Vigo al minuto

@bngvigo propón unha programación municipal dixital de actuacións e actividades para crianzas

O Bloque Nacionalista Galego vai trasladar ao ‘Comité de Seguimento Municipal da Covid-19’ a proposta de que a Concellaría de Xuventude poña en marcha unha programación dixital con actuacións e actividades para as crianzas.

Con esta iniciativa, «despois de varias semanas de confinamento e na perspectiva de que este poida prolongarse inda algún tempo máis», o Bloque pretende que o Concello contribúa a facelo máis “amigábel” para as máis cativas, que son as que máis o están a sufrir. 

Segundo explicou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, trataríase de artellar unha programación a través dunha plataforma dixital con actuacións musicais, pezas teatrais, diferentes obradoiros ou actividades artísticas, focadas precisamente a nenas e nenos. “Isto permitiría facer máis confortábel esta situación na que os nosos nenos e nenas non poden saír á rúa, nin poden acudir a esas actuacións e actividades das que tanto gostan e necesitan”, explicou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.