Galicia Vigo al minuto

@carmelasilva aposta por un turismo da provincia que garanta «seguridade» aos nosos visitantes

A presidenta da Deputación de Pontevedra destacou este mércores que a administración provincial e o sector privado seguen a traballar na aposta polo turismo a medio e longo prazo para “saír reforzados unha vez que se poida superar a pandemia polo COVID-19”.

Na xornada en que comezaban as vacacións de Semana Santa, paralizadas polo coronavirus, Carmela Silva quixo lanzar unha mensaxe especialmente ás e aos visitantes de proximidade de Galicia e España, e tamén de Portugal, para que viaxen “mañá” ás Rías Baixas e “para dicirlles que aquí na provincia de Pontevedra estamos traballando, tanto as administracións publicas como o sector, para manter a excelencia e a calidade e para reforzar a nosa marca de destino. Porque nesta provincia temos todo o que a xente vai demandar cando se supere esta situación”.

Silva subliñou que, unha vez levantado o confinamento, as persoas “van precisar e van desexar turismo de saúde,
turismo de natureza e de reencontrarse cun mesmo”. “Esa era a campaña que nós tiñamos establecida para este ano con ‘Sigue o teu instinto’ e temos agora nas redes sociais con ‘Viaxa mañá –explicou-. Nós podemos ofertar iso que a
xente vai desexar mañá. Polo tanto, primeiro temos que facer unha análise rigorosa de que vai a acontecer e poñer medidas para responder a curto, pero tamén ao medio prazo e ao longo prazo”.

Neste senso, manifestou que “todo vai cambiar despois deste COVID-19, desta pandemia global” e que a administración e o sector “temos que anticiparnos para ir deseñando unha marca que dea seguridade”. “Que a xente -avanzou-
que vén a provincia saiba que vai haber seguridade, vai haber medidas de protección e que imos darlle todo iso que precisa. Estamos desexando poder camiñar por rutas, poder ir en bicicleta por paisaxes marabillosas. E estamos
desexando desfrutar dun turismo de calidade cunha hostalería que ten un altísimo nivel na nosa provincia. Iso é o que vai demandar á xente e nós, o temos”.

Silva reiterou a súa petición ao conselleiro de Turismo da Xunta, Román Rodríguez, para que convoque a todos os destinos galegos a un encontro para definir o futuro próximo e subliñou que amais das axudas que vai precisar o
sector tanto da administración autonómica como estatal, que chegarán, “hai que deseñar cal é o modelo que imos implementar para que nos convertamos aínda máis nun destino de referencia, baseado na excelencia e na calidade”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.