Destacados Vigo al minuto

O Concello de Vigo non terá límite de gasto en cobertura social

O Concello vén de aprobar a concesión de 500 novas becas de comedor para familias que a solicitaron e que chegan xa  a un total de 1.533.

Na rolda de prensa ‘on line’ deste martes, o alcalde repetiu que «non vamos a deixar a ninguén sen axuda…non haberá límite de gasto en cobertura social», asegurou o alcalde, quen engadiu que está autorizado a dispor de 3,8 millóns, a maiores dos que xa están na partida de Benestar Social para este ano. 

En total, dende a declaración do ‘Estado de Emerxencia’, as axudas de emerxencia entregadas polo goberno local superan os 3.000 beneficiarios e os 300.000€, ás que hai que engadir as 100 que se aprobaron onte, luns.

Comidas e pavillóns

Pola súa banda, a cociña do albergue municipal de Marqués de Valterra xa repartiu, desde o 16 de marzo, un total de 4.240 menús, entre os almorzos, comidas e ceas do propio albergue, do pavillón do Berbés e do servizo a domicilio. Tamén está a pleno rendemento o novo ‘cátering’ contratado, cun importe de 28.000€ para reforzar “a gran labor” que realizan os comedores sociais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.