Galicia Vigo al minuto

@bngvigo pide a mobilización de todos os recursos da sanidade privada na cidade ante o coronavirus

Diante dos anuncios relativos á posíbel instalación dun hospital de campaña no IFEVI, o Bloque Nacionalista Galego vén de demandar que antes de aplicar medidas extraordinarias como esa se interveñan e mobilicen todos os recursos da sanidade privada de Vigo para os poñer ao servizo do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Antes dun hospital de campaña o que hai que facer é poñer ao servizo do Sergas todos e cada un dos recursos dos hospitais, centros médicos e clínicas da sanidade privada que hai na cidade, tal e como está a demandar o propio persoal sanitario e as organizacións sindicais”, explicou o concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas.

Igrexas fíxose eco das advertencias que por parte dos sindicatos se teñen feito nos últimos días alertando da infrautilización de camas e recursos da sanidade privada para facer fronte á crise do coronavirus. “Temos que robustecer a capacidade de resposta e acción da sanidade pública e iso pasa por mobilizar todos os recursos, tamén os da privada”, remachou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.