Cultura

Aprazada en Galicia, sen data, a proba de acceso a ciclos de grao superior de FP

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de tomar a decisión de aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, prevista para o día 23 de abril, debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19. «Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso», sinalan dende o Goberno galego.

Mantense, de momento, as probas de acceso a grao medio

Polo momento mantéñense as probas de acceso a grao medio para o 28 de maio. Así mesmo quedan pendentes de actualización as datas de reclamación contra as listaxes provisionais de admitidos nas probas de acceso a ciclos de formación profesional de grao medio.

Toda a información pode consultarse no Portal Educativo, na ligazón, http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual .

O obxectivo destas probas é permitir cursar estas as ensinanzas de formación profesional ás persoas que non posúan as titulacións esixidas para o acceso, isto é, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou o título profesional básico (ou outras titulacións equivalentes) para os ciclos de grao medio; e, no caso dos de grao superior, o título de bacharelato ou título de técnico de formación profesional (ou equivalentes).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.