Galicia Vigo al minuto

O Concello contrata un servizo de comidas para reforzar as entregas a domicilio e facer posible as do fin de semana

O alcalde adiantou este venres que o Concello contratará un servizo de comidas de Vigo para reforzar a entrega ao domicilio das persoas e familias máis vulnerables e garantir que lles chega a fin de semana.

Abel Caballero explicou hoxe na diaria ‘rolda de prensa on line’ que segue en funcionamento o servizo de ‘Xantar na Casa’ e tamén están entregadas as becas de comedor por neno a máis de 1.000 familias. Ademais, insistiu en que para evitar que ninguén vaia aos comedores sociais, o Concello xa está a levar a comida a súa casa entre entre 400 e 500 persoas. O problema é que os comedores sociais, que estaban a facer os menús que se entregaban, non  poden asumir tanta xente, polo que se contratará un servizo externo a unha empresa viguesa que tamén cociñará as fines de semana, días nos que non o facían os comedores sociais.

Albergue 

Pola súa banda, a cociña do albergue municipal de Marqués de Valterra xa repartiu, desde o 16 de marzo, un total de 3.254 menús, entre os almorzos, comidas e ceas do propio albergue, do pavillón do Berbés e do servizo a domicilio.

Axudas de emerxencia

Polo que ten que ver coas ‘Axudas de Emerxencia’, Caballero infomou de que este xoves «repartíronse máis de 100» cun importe de case que 30.000€, polo que a suma desde o inicio da crise do coronavirus é de 250.000€. O alcalde volveu a insistir en que aquelas persoas que precisen axudas que chamen ao teléfono 010, «ninguén vai quedar en Vigo sen axuda», subliñou.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.