RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

@MareaVigo pide á Xunta que ‘interveña’ e poña a disposición do Sergas a Povisa, Fátima, Concheiro e Fátima

Marea de Vigo ven de pedir á Xunta que «Povisa, Concheiro, O Castro, Fátima e calquera hospital privado queden de inmediato intervidos e a disposición do Servizo Galego de Saúde (Sergas) antes de explorar calquera outra opción como a reserva de hoteis e mesmo a eventual apertura de edificios sanitarios que por desgraza levan anos pechados como o CIES ou o Rebullón, centros nos que habilitalos requerería poñer recursos loxísticos e de desinfeción que agora son escasos e urxentes nos que permanecen abertos».

Marea de Vigo igualmente considera que a Xunta ten que impedir que coa situación de alarma, hospitais privados despidan persoal «como está a acontecer nos da rede da empresa sanitaria privada HM», con centro en Vigo e en Compostela. «Os cadros de persoal deben estar ao 100×100 para ser útiles ao reforzo do sistema sanitario público da área sanitaria de Vigo» conclúe o voceiro municipal.

También te puede interesar