RGPD - Cookies
Cultura Vigo al día

@festivaldecans adiado ata setembro

A organización do Festival de Cans decidiu adiar a celebración da XVII edición do Festival, prevista inicialmente para finais de maio, e trasladala para a primeira semana domes de setembro, en concreto do mércores 2 ao sábado 5 de setembro. 

Aínda que inicialmente se pensou en agardar ata despois de Semana Santa para decidir o aprazamento, a organización tomou esta decisión de forma urxente ante a preocupante evolución da epidemia do coronavirus, crendo que nestes momentos era inviable e imprudente manter as datas previstas para finais de maio.

Ademáis de non darse as condicións sanitarias axeitadas, sobre todo para que as veciñas e veciños abran os seus jalpóns aos visitantes, o certame precisa varias semanas de antelación para pechar os contidos, as convidadas e os convidados e os billetes das persoas que viaxan a Galicia desde diversos puntos de España, de varios países de Europa e mesmo de América, como é o caso desta edición. Ao mesmo tempo, as restriccións de mobilidade entre países e o peche de espazos aéreos debido á crise do coronavirus, xeraban nestes momentos unha enorme incerteza, dificultando a toma de decisións con respecto á programación.

Nestes momentos, o festival segue a traballar con normalidade no proceso de selección de curtametraxes a concurso, mais tamén na reordenación de moitos dos contidosen pechar as novas datas con artistas xa contactados ou en reestruturar varias das contratacións do persoal, ao ser inviable manter as contratacións continuadas nestes momentos ata o mes de setembro, máis alá da perda que supón a cancelación de varias viaxes previstas para o mes de maio. O Festival de Cans comunicou esta decisión nas últimas horas ás institucións que apoian o festival, patrocinadores e colaboradoras e colaboradores.

También te puede interesar