RGPD - Cookies
Comarcas

@depo_es pon a disposición dos concellos 3 millóns para que poidan responder ás necesidades ante a crise sanitaria

A Deputación vén de comunicar aos 59 concellos da provincia beneficiarios do Plan Concellos para informalos da habilitación da liña 2 do Plan 2020, dedicada a amortizacións, gasto corrente e actividades, para facilitar o destino dos seus recursos á loita contra o coronavirus.

Deste xeito, a institución provincial pon a disposición dos municipios ata máis de 3 millóns de euros para que os concellos teñan a posibilidade de dispoñer de maior liquidez a fin de dar resposta ás necesidades da súa veciñanza nesta situación de crise sanitaria.

En total, ata o de agora, os concellos tiñan xa solicitado recursos da liña 2 por valor de 1,3 millóns de euros, quedando pendentes de resolución outros 1,7 millóns. Con esta nova medida da Deputación de Pontevedra, aos concellos que xa teñan algunha subvención concedida ao abeiro desta liña 2 facilítaselles presentar a súa desistencia total ou parcial á mesma ou modificala para destinar os recursos ao que estimen máis prioritario ou urxente no contexto actual.

Os concellos que presentaron solicitude pero aínda non a tiñan resolta por mor desta situación poderán tamén presentar a súa desistencia ou modificación.

También te puede interesar