RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

O Concello reparte preto de 400 comidas a domicilio e entrega máis de 1.000 becas de comedor

O Concello entregou este martes 397 comidas a domicilio para evitar que as familias con máis necesidades teñan que saír das súas casas e ir aos comedores sociais.

O Servizo Municipal de Benestar Social segue co sistema de reparto de comida, es se o luns chegou a 200 vivendas, onte foron 397, sempre en furgonetas e «coa máxima discreción», subliñou o alcalde. A comida está cociñada no Comedor da Esperanza, no das Misioneiras do Silencio e no do albergue municipal.

1.033 becas de comedor

Do mesmo xeiro, o Abel Caballero informou de que xa se entregaron 1.033 becas de comedor a outras tantas familias para que as rapazas e rapaces, que xantaban no colexio podan facer «unha comida digna ao día». O Concello axuda con 50€ por fillo, directamente, ás familias.

O alcalde pediu que «se alguén sabe de situacións de necesidade que avise de forma inmediata ao 010 para que lles facilitemos a beca, ningún neno da cidade vai a quedar sen a súa comida”

También te puede interesar