RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

@MareaVigo pide a paralización de toda obra municipal non relacionada con servizos básicos

Marea de Vigo concorda coa decisión tomada onte polo Goberno local no comité de seguimento da evolución do coronavirus COVID-19 no seu 13º paquete de medidas, nas que se instar á concellería de fomento a evaluar a continuidade da execución dos contratos de obra, mais engade que esta medida ten que darse con «extrema urxencia».

Do mesmo xeito emplaza ás comunidades de propietarios á paralización das obras promovidas polas propias comunidades, toda vez que en numerosas votacións de veciños e veciñas o resultado sorpresivamente teña sido o de continuar coas mesmas. «Esta situación non axuda en nada a que saiamos deste estado de confinamento o antes posible. Pedimos responsabilidade e solidariedade coas persoas enfermas ou con diferentes dolencias que teñen que pasar as cuarentenas e confinamentos nos seus domicilios. En moitos casos, as obras están impedindo incluso abrir as ventás para poder limpar o aire das casas» matiza Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

No que se refire ás obras que se realizan en Vigo, o voceiro de Marea, Rubén Pérez pide «paralizar especialmente as obras de Gran Vía, Porta do Sol, labores de asfaltado, non iniciar a modificación da pasarela e ascensor do Parque Cela e paralizar calqueira adxudicación que esté en mesa actualmente como é o proxecto de remodelación do enlace do P.Q. 5000 da autoestrada A-P9V, así como as obras menores e negociados que non pasan por mesa e coordina directamente fomento».

También te puede interesar