Galicia Sucesos

Aprazada a apelación do asasino de Diana Quer prevista para o 31 de marzo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou aprazar a vista de apelación polo crime de Diana Quer prevista para o próximo 31 de marzo ao 28 de abril ás 11 horas.

Os maxistrados indican na providencia que toman a decisión baixo a vixencia do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, no que se declarou o ‘Estado de Alarma’ debido á crise sanitaria do Covid-19. O tribunal considerou «decisivo» á hora de decretar a suspensión da vista que a data de vencemento da prisión provisional decretada para o sospeitoso «non é próxima no tempo», pois vence en decembro de 2032. A Sala do Civil e Penal tamén destaca que existen «dificultades técnicas» para a celebración por videoconferencia da vista e resaltan os «riscos para a saúde» que suporía para as persoas que necesariamente estarían implicadas nela.

A avogada do asasino José Enrique Abuín, alias ‘El Chicle, recorreu ante o TSXG a sentenza da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, que, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, o condenou como autor da morte de Diana Quer á pena de prisión permanente revisable e a dez anos de liberdade vixiada por cometer un asasinato con aleivosía, cometido para ocultar outro delito e subseguinte a un delito contra a liberdade sexual da vítima, coa concorrencia da circunstancia atenuante analóxica de confesión.

Ademais, condenouno, como autor responsable dun delito de detención ilegal e dun delito de agresión sexual, en concurso medial, coa concorrencia da circunstancia atenuante analóxica de confesión, á pena de catro anos de prisión e a cinco anos liberdade vixiada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.