Ciencia y Tecnología Comarcas

Nigrán contará coas dúas primeiras ‘electroliñeiras’ de carga rápida da provincia

O Concello de Nigrán ven de autorizar as obras para construír sendas electroliñeiras en Porto do Molle-ao carón do edificio tecnolóxico- e Panxón-xunto ao pavillón, en Arquitecto Palacios- o que convertirá ao municipio no primeiro de Pontevedra en dispor de dispositivos de carga rápida (50 Kw/hora) e o terceiro de Galicia (existe un punto nunha autoestrada lucense e outro nas aforas de A Coruña).

Os traballos, a cargo da empresa instaladora nigranesa Aceuve xa comezaron e estarán rematados nas vindeiras semanas, Iberdrola procederá a explotalas a continuación cun prezo de mercado en torno aos 30 céntimos kw/hora (supón unha media de 15 € por batería cargada, para o que se precisa menos de 30 minutos).

Deste xeito, segundo indican dende o Concello, «Nigrán sitúase novamente na vangarda das políticas medioambientais ao ser o municipio de Galicia con máis electroliñeiras (dispón desde 2018 dunha semi-rápida pública e gratuíta ao carón da Casa do Concello) e unha referencia en todo o país ao sumar 8 postos de carga rápida en pleno núcleo urbán».

Esta medida súmase ao feito de que o Goberno local aprobou no 2018 unha bonificación do imposto de rodaxe nun 50% aos vehículos híbridos ou a gas (GLP) e nun 75% aos eléctricos ou híbridos enchufables, etiquetados estes últimos pola DGT como ‘0 emisións’

«Non só somos unha referencia en termos de incentivar a sostibilidade medioambiental entre a veciñanza, é que isto fará que moitos viaxeiros se despracen ex-profeso a Nigrán para cargar o seu turismo en menos de media hora», sinala o alcalde, Juan González, quen inaugurou en outubro de 2018 a primeira electroliñeira pública de Galicia a instancias do Concello, gratuíta para empadroados (a propia flota municipal dispón dunha furgoneta 0 emisións).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.