Galicia Vigo al minuto

O 13% da poboación da Área Sanitaria de Vigo padece algún grao de insuficiencia renal

Ao redor dun 13% da poboación da Área Sanitaria de Vigo padece algún grao de insuficiencia renal, segundo as estimacións do  Servizo de Nefroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) que se fixeron públicas coincidindo coa celebración do Día Mundial do Ril.

Estímase que esta porcentaxe medrará nos próximos anos se non se toman medidas activas de prevención do problema, de aí a importancia de concienciar á poboación xeral da importancia de detectar e previr no posible o desenvolvemento desta enfermidade.

A prevención e o diagnóstico precoz desta patoloxía é fundamental, segundo os  nefrólogos do CHUVI, e a detección da insuficiencia renal é inicialmente sinxela. “A nosa recomendación é que a partir dos 50 anos de idade, debería realizarse un control da tensión arterial e consultar ao médico de familia, especialmente no caso de hipertensión, diabetes u obesidade, para realizar unha valoración global de risco cardiovascular, que xa inclúe a avaliación dunha posible insuficiencia renal crónica oculta”, explica o xefe do Servizo de Nefroloxía do  CHUVI, o doutor José María Lamas.

Dieta sa, consumo moderado de sal, exercicio físico regular adaptado a cada idade, evitar o sobrepeso, vixilancia e control da tensión arterial son algúns dos consellos para controlar o risco cardiovascular. Estas medidas deben adoptarse sobre todo na poboación de maior risco: persoas con antecedentes de enfermidades renais na familia, con problemas cardiovasculares,  diabéticos,  hipertensos,  e maiores de 50 anos

A chamada á prevención da insuficiencia renal prodúcese con motivo da celebración, hoxe, do Día Mundial do Ril.

Crecemento anual

O  Servizo de  Nefroloxía  do  CHUVI mantiña en tratamento en decembro de 2019 a 586 pacientes con Insuficiencia Renal Crónica Avanzada. Unha cifra superior nun 6% á  rexistrada en anos anteriores. Este incremento se  repite ao longo dos últimos anos tanto en  Vigo e a súa contorna como a nivel autonómico e nacional. “Se nos referimos ao número de habitantes da Área Sanitaria de Vigo,  movémonos en  porcentaxes  moi similares  á media española”, aclara ou  doutor Lamas.

Do total de casos en seguimento, 266 pacientes estaban sometidos a hemodiálise,e  30 en tratamento de diálise peritoneal. E o resto, 290 pacientes, reciben os coidados propios tras un transplante de ril, representando este último el 50% del total.

O servizo de Nefroloxía considera que o transplante renal é o mellor tratamento para os pacientes con Insuficiencia Renal Crónica Avanzada, cando no existe una contraindicación médica, y que das súas distintas opcións a mellor, cando es posible, é o transplante renal de doador vivo.

También te puede interesar