Galicia

Os galegos evitamos a emisión de 40.000 toneladas de CO2 á atmosfera facendo reciclaxe

Os galegos reciclamos en 2019 un total de 51.967 toneladas de vidro, segundo informaron este mércores a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández.

As gelegas e galegos depositamos no colector verde unha media de 66 envases cada un e, 19,3 quilos por habitante, superando a media do conxunto do Estado.

Cruz Ferreira  salientou que a reciclaxe de vidro é unha mostra da implicación e toma de concienciación dos galegos coa economía circular, pois comparando as cifras actuais coas anteriores, en Galicia se recicla un 33% máis que hai cinco anos (39.119 toneladas en2014) e 7,6% respecto das cifras de 2018 (48.308 toneladas).

En canto á recollida por provincias, A Coruña foi na que máis se reciclou, cunha media de 19,1 kg/hab e un incremento de case 1.300 Tn respecto de 2018; seguida de Pontevedra (17,7 kg/hab ). As provincias de Ourense e Lugo acadaron unha taxa de reciclaxe de 16,8 kg/hab e 16,2 kg/hab, respectivamente. En termos porcentuais, destaca a subida en 7
puntos da provincia de Ourense, que pasou de reciclar 4.819 Tn en 2018 ás 5.154 no pasado ano.

Reducción da emisión de 40.000 toneladas de CO2 á atmosfera

Grazas ao esforzo realizado en 2019 evitouse a emisión de máis de 40.000 toneladas de CO2, é dicir, o equivalente a retirar máis de 19.200 coches de la circulación durante un año; ou a extracción de máis de 85.000 toneladas de materias primas da natureza, o equivalente a 8 veces o peso da Torre Eiffel; así como aforrar máis de 50.000 Mwh de enerxía equivalente ao consumo realizado por todos os hospitais de Galicia durante máis de dous meses.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.