Destacados Vigo al minuto

@obloque pide ao Goberno que retire o recurso da avogacía do Estado no concurso do asteleiro Vulcano

O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar ao Goberno do Estado que ordene a retirada do recurso interposto polo avogado do Estado no proceso de concurso de Vulcano. O deputado no Congreso Néstor Rego, refírese ao recurso presentado no que ten que ver coa concesión portuaria, imprescindible para que a actividade de construción naval sega nos terreos que ocupa o astaleiro.

Rego advirte de que “a desaparición de Vulcano como estaleiro, que representa un impacto en termos laborais de máis dun milleiro de empregos directos e indirectos, supoñería ademais un forte golpe sobre a industria auxiliar xa moi debilitada polas débedas doutros estaleiros e pola falta de carga de traballo”.

Ademáis dende o Bloque pídese ao Goberno central que valore a actuación do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, o dirixente do Partido Popular Enrique López Veiga que, subliña o deputado do BNG “se demostrou deliberadamente hostil e contraria á continuidade de Vulcano, empregando todo tipo de artimañas para dificultar, cando non boicotear, calquera posibilidade de relanzamento da actividade naval nas súas instalacións”.

O obxectivo que persegue Enrique López Veiga é o de facer inviábel a poxa para a construcción naval polo espazo de Vulcano, que abrangue a concesión pública dunha parcela de 30 mil metros cadrados de dominio portuario e o acceso ao mar, «coa pretensión de destinala a outros usos distintos á construción ou reparación naval”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.