Cultura Vigo al minuto

@anegaestudantes denuncia en Vigo que o prezo medio dun alugueiro na cidade é xa de 738€ ao mes

Alertan de que dende 2017 os prezos subiron case 100€ ao mes e que proliferan os ‘pisos turísticos’

O alugueiro máis caro de Galicia, a 738€ mensuais de media, “mentres hai máis de 18.000 pisos baleiros”. Esta é a realidade que enfrontan os habitantes de Vigo, con especial dureza para estudantes e mocidade en xeral, pois un 81% destes últimos non se pode independizar das súas familias. Con estes datos enriba da mesa o estudantado  da Asemblea Nacional das Estudantes Galegas (ANEGA) sacou adiante a campaña “Vivenda digna e asequible xa!”, que tamén percorre outras cidades galegas coma Coruña, Santiago de Compostela ou Ourense.

Ao longo deste martes pasado, 3 de marzo, pegáronse por Vigo pancartas para “visibilizar esta problemática que ameaza con medrar cada vez máis, da man de fenómenos coma a proliferación dos pisos turísticos”. “Alugueiros asequibles xa!” ou “Regulación xa!” foron algún dos lemas empregados, que destacaban a “gran subida dos prezos dende setembro 2017″ – de 657€ daquelas-, unha diferencia de case 100€ ao mes – e outros datos alarmantes na “cidade das luces”.

Despois dunha primeira fase de visibilización da problemática, a campaña estará encamiñada a formular as reivindicacións urxentes que precisan as cidades galegas para solucionar os problemas dos alugueiros, para proximamente ir anunciando novas accións reivindicativas.

También te puede interesar