Ciencia y Tecnología Galicia

Sanidade cambia o número para dar información do coronavirus, dun 902 de pago pasa a un 900, gratuito

Sanidade vén de habilitar, dende este martes, o 900 400 116 como novo número de teléfono para dar información xeral sobre o coronavirus. Este número, que é de balde, substitúe ao anterior, o 902 400 116, que era de pago.

Dende a Consellería de Sanidade lembran que aquelas persoas que teñan síntomas -tose, febre, sensación de falla de aire– e que volvesen de viaxe dalgunha zona de risco ou tivesen contacto con alguén que estivese nalgún deses lugares, debe chamar ao 061 e “non acudir directamente ao centro de saúde, a Urxencias ou a un hospital”.

 

También te puede interesar