Destacados Vigo al minuto

@anaponton anuncia en Vigo que @obloque quere «respostas propias» aos retos que enfronta Galicia

Ana Pontón, candidata do BNG á Presidencia da Xunta, comentou este martes en Vigo que o Bloque fará unha campaña electoral no que dará o protagonismo ao debate de ideas e non ao cruce de críticas. Pontón indicou que Galicia precisa «respostas propias» a retos moi importantes, coma a diversidade, a globalización, o cambio climático, a despoboación, a crise industrial, a demografía ou ao grave problema da emigración.

Para iso, subliñou, o BNG potenciará o talento e a enerxía, dentro dun «proxecto novo e inclusivo» con alternativas para o futuro que ten que acabar coa sumisión a Madrid e desenrolar o grande potencial que ten Galicia sumando e ilusionando a máis persoas.

A ex deputada de Marea Alexandra Fernández, candidata do Bloque

Pontón fixo estas declaracións nun acto público na cidade no que deu a benvida a persoas ata agora vencelladas a a outras formacións e que amosaron a súa disposición a traballar co BNG nesta cita electoral, a máis coñecidad delas a ex deputada de Marea, Alexandra Fernández, quen irá na lista do BNG no número 3 por Pontevedra.

Fernández explicou que a súa integración na candidatura do Bloque era o resultado dunha «reflexión» na que ela, e as persoas que agora van a apoiar ao BNG, chegaron á conclusión de que o  pacto con opcións políticas «estatales»-en referencia a Podemos coa que tivo serias discrepanbcias- estaba «esgotado», dado que eses pactos «obrigan a facer renuncias», o cal fixo que volveran á vista hacia a necesidade de «reforzar o espacio soberanista no que o BNG é o único que ten un proxecto alternativo» para Galicia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.