Galicia

Sanidade aproba a «compra por emerxencia» de material hospitalario e contrata a 60 profesionais para afrontar os posibeis casos de coronavirus

O Goberno galego aprobará o xoves, día 5, a «compra por emerxencia» de equipamento para adiantarse á chegada dos primeiros casos de coronavirus a Galicia -hai que lembrar que Galicia é unha das únicas tres comunidades onde non hai ningún caso positivo da enfermidade ata hoxe-, á que se destinará unha partida de 1,7 millóns de euros.

O conselleiro de Sanidade adiantou este domingo esta decisión, logo da reunión do Consello Interterritorial sobre a enfermidade, e sinalou que o material, consistente en respiradores ou aparatos de raios para Emerxencias, irá aos hospitais das cidades e aos comarcais.

Ata hoxe o Servizo Galego de Saúde creou un equipo de expertos integrado por especialistas en Urxencias, Unidades de Coidados Intensivos (UCI), infectoloxía, microbioloxía, enfermería, preventistas e en atención primaria, ademais de reforzar o persoal do 061 e o dos servizos de microbioloxía, medicina preventiva e de toma de mostras nas casas.

Ademáis, este luns, o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández Campa, informou da contratación de 60 profesionais para o servizo, en especial para a atención de consultas telefónicas, para recoller mostras en vivendas y especialistas en microbioloxía para o análise das mesmas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.