RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

@PabloIglesias asegura que o Goberno traspasará a xestión da AP-9 a Galicia

Nunha entrevista concedida á TVG, Pablo Iglesias asegurou que haberá transferencia da Autopista do Atlántico ao Goberno de Galicia, unha petición unánime do Parlamento galego que fora bloqueada no Congreso-curiosamente cos votos dos deputados galegos do Partido Popular- e logo rexeitada polo goberno Rajoy.

O vicepresidente segundo do Goberno, que estivo esta fin de semana en A Coruña, primeiro nun acto coa raiña e logo na presentación da candidatura de Antón Gómez Reino como candidato de Galicia en Común á Presidencia da Xunta, declarou nunha entrevista na Televisión de Galicia, «o teño clarísimo: este goberno vai ter que dar as competencias da xestión desa autopista ao Goberno galego».

Hai que lembrar que a cesión da AP-9 é unha das condicións que figuran no acordo do PSOE co BNG que permitiu o voto favorable do seu deputado, Néstor Rego, á investidura de Pedro Sánchez.

 

También te puede interesar