Galicia Sucesos

42 feridos en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 42 persoas debido a 31 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 28 de febreiro, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 1 de marzo.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e  emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 35 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 38. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon nun accidente e as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 37 sinistros.

En 37 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 7 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

 

 

También te puede interesar