Comarcas

A Romaría de Santa Marta de Ribarteme, en As Neves, ‘Festa de Interese Turístico de Galicia’

O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, amosouse “agradecido e satisfeito” ao recoller este venres, por parte do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e da directora xeral de Turismo, Nava Castro, na Cidade da Cultura, en Compostela, a distinción de ‘Festa de Interese Turístico de Galicia’ para a Romaría de Santa Marta de Ribarteme”.

Rodríguez Méndez salientou a importancia do “recoñecemento que se lle fai a un feito que dende o punto de vista social ven ocorrendo de maneira permanente durante centos de anos e, ademais, facilitará que fagamos mellor as cousas e que contemos con máis apoio para elo”.

Para o alcalde o feito de que As Neves conte xa con dúas ‘Festas de Interese Turístico”- a da ‘Romaría de Santa Marta’ e a do ‘Requeixo e do Mel’, supón que “os nevenses estamos a facer ben as cousas e que somos quen de ir concitando a admiración e o interese de todas as administracións para permitir que o noso territorio medre e consiga unha maior proxección internacional”.

También te puede interesar