Comarcas

A Romaría de Santa Marta de Ribarteme, en As Neves, ‘Festa de Interese Turístico de Galicia’

O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, amosouse «agradecido e satisfeito» ao recoller este venres, por parte do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e da directora xeral de Turismo, Nava Castro, na Cidade da Cultura, en Compostela, a distinción de ‘Festa de Interese Turístico de Galicia’ para a Romaría de Santa Marta de Ribarteme».

Rodríguez Méndez salientou a importancia do «recoñecemento que se lle fai a un feito que dende o punto de vista social ven ocorrendo de maneira permanente durante centos de anos e, ademais, facilitará que fagamos mellor as cousas e que contemos con máis apoio para elo».

Para o alcalde o feito de que As Neves conte xa con dúas ‘Festas de Interese Turístico»- a da ‘Romaría de Santa Marta’ e a do ‘Requeixo e do Mel’, supón que «os nevenses estamos a facer ben as cousas e que somos quen de ir concitando a admiración e o interese de todas as administracións para permitir que o noso territorio medre e consiga unha maior proxección internacional».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.