Destacados Vigo al minuto

O presidente Feijóo anuncia unha Oferta de Emprego Público de 973 prazas no Sergas

O presidente do Goberno de Galicia sinalou este xoves, na rolda de prensa posterior ao Consello, que a Oferta de
Emprego Público do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para 2020 podería superar as 3.500 prazas, “se o Goberno
central elimina a taxa de reposición de efectivos actualmente vixente” e apobada no seu día polo executivo de Mariano Rajoy.

De non facelo, Feijóo subliñou que a oferta en Galicia para este ano, cun 100% da taxa de reposición de efectivos, reduciríase a 973 prazas:  2.500 prazas menos.

Coa eliminación da taxa, Galicia podería ofertar todas as prazas que requiren as necesidades asistenciais e non soamente as vacantes xeradas por xubilacións ou falecementos. En consecuencia, o titular da Xunta confirmou que a Xunta volverá dirixirse ao Ministerio de Sanidad.

A oferta para 2020, segundo relatou Feijóo, céntrase tanto nunha oferta capaz de atraer novos profesionais, especialmente naquelas categorías nas que hai unha maior necesidade, como medicina familiar e pediatría; como en potenciar a cobertura dos postos de traballo en centros con carencias de persoal, como hospitais comarcais ou centros sanitarios illados.

Plan de Atención Primaria

O Plan Galego de Atención Primaria adquiriu o compromiso de incrementar a oferta de emprego público do 2018 no ano 2019 nas categorías específicas de  medicina de familia, pediatría de atención primaria, enfermería familiar e comunitaria e odontoloxía. E, pola súa incidencia na atención primaria, tamén se adoptou o compromiso de incremento nas categorías de: fisioterapeuta, enfermería especializada en pediatría, traballado social e persoal de servizos xerais.

O compromiso foi convocar unha Oferta especial especial de 537 prazas: 254 prazas de médico de familia, 93 prazas de pediatra de atención primaria, 7 de odontólogo de atención primaria, 30 prazas de enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria, 18 en enfermeiro especialista en pediatría e 135 en persoal de servizos xerais.

Esta OPE acumulada convocouse en maio de 2019 para diferentes categorías. E, en base a esta convocatoria, este domingo día 1 de marzo de 2020 examinaranse os aspirantes para a cobertura de 354 prazas nas categorías de médico de familia e pediatra e odontólogo de atención primaria.

Estas probas súmanse ás que se celebrarán o sábado 29 de febreiro, na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería, para a cobertura de 772 prazas; o domingo 1 de marzo, na categoría de matrona, para cubrir 89 prazas. E tamén se engaden as probas xa celebradas os días 8 e 9 de febreiro para a cobertura de 277 prazas nas categorías de:
persoal de servizos xerais, enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria; enfermeiro especialista en pediatría; enfermeiro especialista en saúde mental; enfermeiro especialista en traballo e enfermeiro especialista en fisioterapeuta.

También te puede interesar