Galicia Vigo al minuto

Monbus, que ten dende o luns a concesión da ruta de Vigo a Mos, Porriño ou Salceda, non acepta a Tarxeta Metropolitana de Transporte

Se onte vigoalminuto informaba de retrasos, demoras e esperas nas paradas, co cambio de servizo nas rutas dende Vigo a Porriño, Mos, Salceda de Caselas, Ponteareas ou Salvaterra-ademáis das conexións con Puxeiros, Cabral, Budiño e os hospitais do Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro- que pasou o luns de Faibus a Monbus, este xoves o problema é que non se acepta a ‘Tarxeta Metropolitana’, da Xunta, para pagar o billete.

A denuncia de varios viaxeiros, non foi solucionada pola nova concesionaria coa que esta redacción contactou obtendo coma resposta quenós so poñemos os autocares e a xestión do pago con tarxeta corresponde á anterior empresa concesionaria [Faibus]”.

Dende Faibus salientan que dende o día 24 non xestionan estas rutas e que non teñen que ver coa nova empresa e remítenos ao departamento de Mobilidade da Xunta de Galicia. Neste departamento sublñiñan que Monbus “ten a oibriga de aceptar a tarxeta de transporte metropolitano”, e piden que as incidencias, coa copia dos billetes que os viaxeiros pagasen en metálico, se envíen ao enderezo electrónico [email protected], ou se contacte do teléfono 981 544 595.

 

También te puede interesar