RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

@FeijooGalicia denunciado pola «copia descarada» da campaña do PP na web e carteis da Xunta

O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar este martes, na Xunta Electoral Central, ao candidato do PPd Galicia e presidente do Goberno Galego, Alberto Núñez Feijóo, por usar a web institucional da Xunta para facer propaganda en beneficio do PP.

Segundo a denuncia do Bloque, os populares empregan o portal web institucional para «pregoar supostos logros» do PP nunha campaña, pagada pola Xunta de Galicia, que é «unha copia descarada» do lema ‘Galicia é moito’ co que Feijóo  fai promocion da súa candidatura cara as vindeiras Eleccións galegas.

O BNG sinala que dende o día mesmo de convocatoria das Eleccións a web da Xunta «acumula notas de prensa» que difunden eses supostos logros do Partido Popular, con lemas e frases que son unha copia literal do lema dos PP de Galicia, coma ‘O Rural é moito’ ou ‘Galicia é familia’, que tamén están en valados publicitarios e que se pagan con cartos públicos que «son de todos as galegas e galegos».

 

También te puede interesar