RGPD - Cookies
Galicia

O naval sae á rúa para esixir «carga de traballo inmediata»

Traballadores de Navantia e empresas auxiliares volveron saír este xoves ás rúas para esixir «carga de traballo inmediata» que palíe a caída na ocupación entre o remate dos buques australianos e o inicio da construción das fragatas F-110. Noutro «xoves do naval» o persoal saíu a pé dos estaleiros de Fene e Ferrol para marchar conxuntamente en manifestación até o Concello ferrolán.

A mobilización ten lugar un día despois de que representantes da CIG-Industria, xunto con delegados da central nas industrias auxiliares, se trasladaran até Madrid para reivindicar a creación do Complexo Integral para a Construción Naval que permita superar a dependencia do sector militar, á que están sometidos os estaleiros da ría de Ferrol, e a «periódica expulsión ao desemprego e a emigración» que isto conleva para o persoal das subcontratas.

«Mentres non se rache con ese veto de facto para que poidamos dedicarnos á construción naval civil, Ferrol non será capaz de remontar o volume de contratos e o número de empregos», sinalou Ramón Fernández, da CIG-Industria quen lembrou que no seu momento «os estaleiros da ría chegaron a dar traballo a máis de 15.000 persoas cando hoxe son apenas 3.000».

También te puede interesar