RGPD - Cookies
Sucesos Vigo al día

O Concello adxudicou 408 axudas de emerxencia a 274 familias desde xaneiro

O alcalde informou este xoves de que o Concello dispón de 972.000€ para axudas de emerxencia que «semanalmente» outorga unha comisión de valoración e que desde o mes de xaneiro facilitou 408 achegas a 274 familias. Cun importe de 71.650€. 

Máis polo miúdo, Abel Caballero salientou que 111 axudas foron para aloxamento e alugueiro, 101, para alimentación, mentres que o resto foi para pago de subministros e necesidades básicas.

Caballero subliñou que estes 972.000€ súmanse aos 1.550.000 do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias o que «eleva a 2.522.000€ o montante de axudas municipais contra desafiuzamentos». O alcalde lembrou que é a primeira vez que o Concello aproba as bases da convocatoria en xaneiro este ano, cunha novidade, ademais, xa que se elevou nun 25% o tope en concepto de alugueiro, unha medida establecida para que máis familias se poidan beneficiar dado o incremento dos prezos dos alugueiros.

En rolda de prensa, o alcalde tamén se referiu á que na última noite, quedaron 11 prazas libres nos albergues da cidade, 6 para mulleres e 5 para homes.

También te puede interesar