Galicia

A Deputación da Coruña súmase á reclamación xudicial do Pazo de Meirás á familia do dictador

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña acordou aceptar a solicitude da Deputación Provincial da Coruña para intervir no proceso iniciado polo Estado o pasado mes de xullo para reclamarlle á familia Franco a propiedade do pazo de Meirás.

A administración adhírese, desta forma, ao procedemento xudicial, pero non ten carácter autónomo, pois a súa lexitimación para intervir está subordinada á parte demandante, é dicir, ao Estado. Do mesmo xeito que o Concello de Sada e a Xunta, intervirá no proceso en calidade de parte coadxuvante adhesiva simple do demandante.

A maxistrada considera no auto que a administración ten un interese directo e lexítimo na causa. Á hora de acordar a súa intervención no proceso, tivo en conta o documento presentado na demanda, de data 28 de marzo de 1938, no que consta que a cidade e a provincia da Coruña fixeron “a ofrenda doazón das Torres de Meirás” a  Franco.

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña fixou os días 6, 7, 8, 9 e 10 de xullo, ás 09.30 horas, como datas para a celebración do xuízo.

También te puede interesar