Galicia Vigo al minuto

Veciños de Teis piden ao Concello varias melloras no proxecto da ‘Vía Verde’

A asamblea da Asociación Veciñal aprobou instar ao Concello a que mellore o trazado da ‘Vía Verde’, logo dun ano do inicio das obras da mesma-o 14 de febreiro de 2019-cun prazo de finalización de 6 meses no que “só se executou un treito de 400 metros”, inaugurado o pasado mes de agosto.

A Asociación dirixiuse por escrito á Concellería de Fomento, “en varias ocasións”, solicitando a mellora do proxecto coa ampliación do paso inferior do Camiño da Xorxa e a construción dunha conexión entre a Vía Verde, a  Avenida de Galicia e afonde das Catro Pontes.

Os veciños tamén piden aumentar os accesos á Vía Verde no tramo final, conectando do lavadoiro da Avenida de Galicia e coa fonte dos Namorados, no río Pugariño.

También te puede interesar