Galicia

A oposición pide a @FeijooGalicia que explique a súa relación co ex directivo de Pemex detido por corrupción

Os grupos da oposición no Parlamento de Galicia-PSdeG, Común da Esquerda, BNG e mixto pediron este mércores a convocatoria urxente da deputación permanente da Cámara para que o presidente Feijóo explique cal foi súa relación con Emilio Lozoya, o antigo directivo de Pemex detido en España e reclamado pola Fiscalía de México por casos de corrupción.

Feijóo mantén que non hai realción algunha entre a investigación a Lozoya e a compra de Barreras por parte de Pemex, unha operación, que dixo o presidente, fora decidida polo predecesor deste directivo á fronte da petroleira mexicana. A xuízo de Feijóo esta solicitude da oposición ten que ver co feito de que estamos en pre campaña electoral e “todo vale”.

 

También te puede interesar