Galicia

A oposición pide a @FeijooGalicia que explique a súa relación co ex directivo de Pemex detido por corrupción

Os grupos da oposición no Parlamento de Galicia-PSdeG, Común da Esquerda, BNG e mixto pediron este mércores a convocatoria urxente da deputación permanente da Cámara para que o presidente Feijóo explique cal foi súa relación con Emilio Lozoya, o antigo directivo de Pemex detido en España e reclamado pola Fiscalía de México por casos de corrupción.

Feijóo mantén que non hai realción algunha entre a investigación a Lozoya e a compra de Barreras por parte de Pemex, unha operación, que dixo o presidente, fora decidida polo predecesor deste directivo á fronte da petroleira mexicana. A xuízo de Feijóo esta solicitude da oposición ten que ver co feito de que estamos en pre campaña electoral e «todo vale».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.