Galicia

Non haberá candidatura conxunta de PP e Ciudadanos para as Eleccións Galegas do 5 de abril

A dirección do Partido Popular desbotou esta posibilidade, tal e coma viña manifestando a súa dirección estatal e galega nos días pasaados, postura que non cambiaron os contactos entre directivas das dúas formacións conservadoras.

Ciudadanos fixo unha última proposta ao Partido Popular:  unha coalición cos nomes dos dous partidos nunha única papeleta, proposta que para a voceira de Cs en Galicia, Beatriz Pino- que tamén quere ser candidata á Presidencia da Xunta- era a mellor para evitar un goberno de “populistas e nacionalistas”.

Esta posibilidade non interesa ao PP de Galicia que non considera que unha coalición pre-electoral sexa operativa, ainda que a súa dirección sí que está aberta a integrar nas súas listas a dirixentes de Ciudadanos, que non terían que renunciar a súa afiliación para entrar nas papeletas do Partido Popular,

También te puede interesar