RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Cultura

300 árbores de 10 especies autóctonas para recuperar os montes de Coruxo

O grupo de voluntarios e voluntarias de Abanca e Afundación conseguiu plantar en Coruxo un total 300 árbores que contribuirán a mellorar a situación actual deste espazo natural. Para esta acción, organizada en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e a Comunidade de Montes Veciñais de Coruxo, seleccionáronse exemplares de dez especies autóctonas: plantáronse érbedos (Arbutus unedo), carballos (Quercus robur), cerquiños (Quercus pyrenaica), sobreiras (Quercus suber), cerdeiras (Prunus avium), bidueiros (Betula alba), castiñeiros (Castanea sativa), pradairos (Acer pseudoplatanus), ameneiros (Alnus glutinosa) e abelaneiras (Corylus avellana).

É a terceira vez que estes voluntarios desprázanse aos montes de Coruxo para realizar labores de rehabilitación forestal tras os incendios. En novembro de 2017 colaboraron na colocación dun ‘mulching’ vexetal para reter a humidade e evitar a escorredura e perda de chan arrasado polo lume, e no primeiro trimestre de 2018 axudaron á recuperación do monte coa plantación de 600 árbores autóctonas.

As actividades incluídas no programa de voluntariado ambiental de ABANCA para o primeiro trimestre de 2020 continuarán o próximo 29 de febreiro cunha nova xornada de reforestación no Monte Xalo (Culleredo).

 

También te puede interesar