Galicia Sucesos

Un morto e 67 feridos en accidentes de tráfico nas estradas galegas a pasada fin de semana

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 68 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas desde as 3 da tarde do venres, 14 ata as 12 menos un minuto do domingo, 16 de febreiro.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 71. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en seis accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 55 sinistros e os equipos
sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 7 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar