Galicia Vigo al minuto

Dous camións 100% eléctricos recollerán, porta a porta, o vidro no Casco Vello e Bouzas

O Concello incorporará ao Casco Vello e a Bouzas dous camións, 100% eléctricos, para a recollida, porta a porta, de vidro, elimninando deste xeito, subliñou este venres o alcalde “a contaminación e ruído”.

Tanto no Casco Vello como na zona histórica de Bouzas o Concello dispón dun servizo porta a porta, que o pasado ano recolleu na zona histórica do centro da cidade un total de 287 toneladas de vidro.

O alcalde tamén adiantou datos da reciclaxe de papel e cartón na cidade o pasado ano –4.945 toneladas-, envases lixeiros -3.224 toneladas-, vidro nos contedores de rúa -3.454 toneladas-, pilas en contedores e establecementos -26 tn-, ropa usada e calzado -345 tn- e aceite vexetal -15 tn-.

También te puede interesar