Comarcas

@depo_es chega a New York co audiovisual ‘Fame de Experiencias’, finalista dos TV & Film Awards

O audiovisual «Fame de experiencias», co que se promocionou a provincia de Pontevedra durante o ano 2019, vén de ser recoñecida como finalista dos TV & Film Awards de New York Festivals.  «Estamos moi satisfeitas e satisfeitos –sinalou este venres a presidenta da Deputación– xa que non é soamente un recoñecemento ao traballo ben feito dunha administración que ten un modo auténtico de presentar o seu destino, senón que tamén pon en valor a creatividade e talento do audiovisual da nosa provincia».

«Fame de experiencias», que recibiu en FITUR o premio ao mellor audiovisual impoñéndose por riba de 60 candidaturas, dá así o «salto internacional» o que supón «unha grande nova para a provincia», en palabras da presidenta.

O audiovisual, que se centraba en «poñer en valor ás persoas produtoras da provincia de Pontevedra pero tamén á nosa enogastronomía e cociña de excelencia», competía con ata 50 países na modalidade de turismo do TV & Film Awards da New York Festivals e resultou finalista xunto con outros 15 participantes entre os que se atopan Azerbaijan, Dinamarca, Portugal, Francia, Serbia, Grecia, Chile, Suíza, Singapur e Noruega. «Rías Baixas é o único destino representante de España xunto con Madrid», asegurou Silva.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.