'Qué te cuentas?' Destacados

O alcalde asegura que o Concello “ainda está en prazo” de solicitar fondos europeos para o túnel de Elduayen

Abel Caballero recoñeceu este mércores que o Concello non se tramitou aínda a solicitude para poder contar con fondos europeos para cofinanciar o túnel entre a Porta do Sol e Elduayen e que se está en prazo para facelo.

O alcalde sinalou, a preguntas de vigoalminuto, que Vigo conta con 15 millóns de achegas de Europa para obras en Gran Vía e Porta do Sol, e subliñou que a resposta da Comisión  sobre este tema a Comisión resposta que o Concello de Vigo presentará probablemente unha solicitude de cofinanciamento para parte do túnel da Porta do Sol,no marco da estratexia de Desenrolo Urbano Sostible (DUS)” e asegurou que “estamos aínda en prazo para solicitala”.

Caballero cargou contra o BNG preguntándose se os seus responsábeis non se poñen “colorados” logo da severa reprimenda por parte da Comisión Europea e lamentou que sexa Europa quen defenda os intereses de Vigo e non os representantes do Bloque.

“O alcalde falta á verdade”

O Bloque Nacionalista Galego mantén que o alcalde “minte”  sobre a financiación das obras do túnel de Elduayen con cargo a fondos europeaos e lamenta a resposta que deu este martes a preguntas dos xornalistas cargando contra o BNG.

O concelleiro de o BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas sinala, en resposta ás declaracións de hoxe de Abel Caballero, que a  “Comisión Europea non ten coñecemento de que estea a cofinanciar esa obra a cargo de fondos europeos”. O concelleiro subliña que “é falaz e unha mentira que a resposta da Comisión Europea estea lexitimando, validando, aplaudindo ou dando os seus parabéns ao proxecto de túnel”.

Igrexas indica que na resposta, por escrito, á pregunta que lle fixo a representante do BNG en Europa, Ana Miranda, “o único de dí a Comisión e que a competencia e a responsabilidade para validar os proxectos DUSI, que se cofinancia a cargo de fondos FEDER, corresponde ao Ministerio de Facenda, en ningún caso, en todo o documento a Comisión Europea se pronuncia sobre o fondo dese proxecto, dese túnel en Elduayen porque non o coñece”.

También te puede interesar