Galicia

@FeijooGalicia será candidato e buscará un cuarto mandato

Non houbo sorpresa. Alberto Núñez Feijóo (Ourense 1961) será, de novo, o candidato do PP á Presidencia do Goberno de Galicia. Feijóo, que fora elixido con maioría absoluta en 2009, 2012 e 2016, buscará o seu cuatro mandato nas eleccións do vindeiro 5 de abril.

Así o fixo saber este martes, nunha xuntanza da directiva do Partido Popular de Galicia, do cal é presidente. Núñez Feijóo tentará seguir os pasos de Manuel Fraga, quen fora elixido con maioría absoluta en  1989, 1993, 1997 e 2001.

También te puede interesar