RGPD - Cookies
Vigo al día

Á UE non ten constancia de que o Concello solicitase fondos europeos para o túnel da Porta do Sol

Obras Porta do Sol Vigo

Esa é a resposta da Comisión Europea a unha pregunta rexistrada polo BNG

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o portavoz municipal en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, alertan de que a
Comisión Europea non ten constancia de que o Concello solicitara os fondos FEDER para cofinanciar a construción do túnel da Porta do Sol, tal e como explica a propia Comisión na resposta a unha pregunta rexistrada o pasado mes de novembro.

“Vemos que existe unha total contradición entre a información que traslada a Comisión e o que di o alcalde”, subliñan.
“Curiosamente, na súa resposta, a Comisión Europea asegura que a día de hoxe, no se certificou gasto algún para este proxecto, senón que probablemente a presentará”, salienta Ana Miranda, quen indica que, polo tanto, “tal e como se desprende da resposta, a Comisión este proxecto non conta con ningunha valoración, nin positiva nin negativa, posto que non ten coñecemento do proxecto”.

O  Bloque dirixiuse á Comisión Europea nunha pregunta escrita para «trasladar a preocupación da veciñanza afectada polas obras sobre os riscos que supón a construción dun túnel na rúa Elduayen. No documento critican que o goberno municipal poña en marcha este proxecto sen barallar outras alternativas que fomenten o uso peonil e ciclista do centro histórico da cidade e sen escoitar á veciñanza», algo fundamental para o BNG.

“É rotundamente falso que a Comisión Europea expresase o seu acordo co proxecto de túnel. O que di a Comisión é que non lle consta que o túnel se vaia cofinanciar con fondos FEDER e que a aprobación dos proxectos DUSI depende das autoridades estatais”, sinala Xabier Pérez Igrexas.

También te puede interesar