'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

O Sergas asegura que a Área Sanitaria de Vigo presenta os mellores resultados en consultas e ciruxía

«A Área Sanitaria de Vigo acadou os mellores resultados  asistenciais dos últimos anos», tanto en consultas como en intervencións cirúrxicas. En consecuencia,  reduciuse a demora media de lista de espera a 61 días, o mellor dato da historia da sanidade pública viguesa». Con estas palabras resume o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, o balance de actividade asistencial do pasado año 2019.
Ciruxía

No referido á actividade cirúrxica, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo realizou o pasado ano un total de 37.041 intervencións totais, un 9,5% máis que no ano 2015, cando se abriu o Hospital Alvaro Cunqueiro. Destas, 31.689 foron programadas e 5.352  urxentes.

Neste incremento da actividade cirúrxica cabe subliñar tamén o crecemento constante da cirurxía ambulatoria, contabilizándose 21.050 procedementos desta modalidade, o 56,8% do total. Estes datos seguen consolidando ao Meixoeiro como o maior centro de cirurxía ambulatoria de Galicia.

Por especialidades, cabe subliñar as case 10.000 intervencións realizadas por Oftalmoloxía (9.973); as 6.076 de Cirurxía Xeral e Dixestiva; e Traumatoloxía, con  4.454 operacións (un 13,25% máis que no pasado ano).

Vías rápidas en consultas

No referido ás consultas, os especialistas do Hospital realizaron 776.969 consultas externas (20.825  máis que o pasado ano), das que 33.497 son e-interconsultas.

Ademais, para aqueles pacientes con sospeita de cancro téñense activados uns circuítos asistenciais específicos para axilizar a súa atención, as chamadas Vías Rápidas de Atención. O pasado ano realizáronse 6.108 consultas e probas aos a través das Vías Rápidas de Colon, Mama, Melanoma, Pulmón, Cabeza e Colo, Próstata, Vexiga e Anafilaxia Himenópteros.

Incremento das consultas telefónicas

No referido á Atención Primaria, o persoal sanitario dos centros de saúde da área de Vigo -Medicina de Familia, Pediatría, Enfermaría, Farmacia, Matronas, Saúde Bucodental e Traballo Social- realizou  5.757.938  consultas, 51.786  máis que hai un ano.  Destas, 630.832 , un 11% do total, foron telefónicas.

Só os médicos de familia efectuaron case tres millóns de consultas (2.999.016), das que  o 16,9% foron consultas telefónicas (507.851). Isto indica un incremento deste tipo de consultas con respecto ao ano pasado dun 5,2% .

«De feito, o programa da consulta telefónica é un dos que se teñen revelado máis eficaces e con maior nivel de aceptación neste nivel asistencial, xa que oferta a posibilidade de ser atendido telefonicamente polo propio médico de familia, e evita polo tanto os desprazamentos ao centro de saúde».

Cabe subliñar que «os datos continúan avalando a capacidade resolutiva da Atención primaria, especialmente en consultas, onde a porcentaxe de derivación de pacientes desde os centros de saúde aos hospitais foi un 5,8%, practicamente igual ao pasado ano».

Repunte nas Urxencias Hospitalarias e récord de ingresos

No referido ás Urxencias, o dato das atendidas nos PACs de Atención Primaria é moi similar ao do ano anterior, contabilizándose 263.051 atencións nos 10 dispositivos da área sanitaria. En concreto, o PAC de Vigo realizou 61.636 atencións urxentes, 167 máis que no ano anterior.

En canto ás urxencias hospitalarias, no 2019 experimentaron un incremento global dun un 4,5 %. Un total de 189.425 pacientes recibiron atención urxente no Álvaro Cunqueiro, dos que 135.517 foron adultos; 42.727 menores de 15 anos; e 11.181 obstetricias. Do total das urxencias atendidas, un 14,50% requiriron ingreso hospitalario.

«Cómpre indicar tamén que, segundo a clasificación por niveis de triaxe, o 49,78% os pacientes que acoden ás urxencias do Álvaro Cunqueiro, onde son atendidos por prioridade clínica e non por orde de chegada, presentan patoloxías que estarían en disposición de ser resoltas noutros dispositivos asistenciais, con menor espera e idéntica resolutividade».

Hospitalización

En relación coa hospitalización, o pasado ano contabilizáronse un total de 44.132 ingresos, a cifra máis alta rexistrada no CHUVI. A estadía media dos pacientes hospitalizados foi de 7,1 días, continuando a evolución descendente dos últimos anos.

Ademais, naceron 3.495 bebés, un cento de nenos máis que o ano anterior (un 3%), o que supón un punto de inflexión con respecto a caída da natalidade continuada que se viña rexistrando dos últimos anos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.