Galicia Vigo al minuto

@depo_es e Concello de Vigo empezan as obras da estrada de Porto-Beade

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo puxeron hoxe en marcha as obras de humanización da estrada provincial PO-2001, no tramo de 2,4 Km comprendido entre o regato de Quintián e a rúa Ramiro Pascual, no lugar de Porto (Beade). O acto institucional, que consistiu no soterramento dunha «urna do tempo» e que estivo presidido pola presidenta provincial e o alcalde, deu comezo a uns traballos que se prolongarán durante 18 meses e suporán un investimento total de 3.457.005 euros.
A actuación, definida por Carmela Silva como «a máis importante das que a Deputación está a realizar», finánciase no marco dun convenio no que a entidade provincial achega o 70% (2.419.903,50 euros) mentres que ao Concello correspóndelle o 30% restante (1.037.101,50 euros).
Coa humanización en marcha, a estrada quedará convertida parcialmente nunha moderna rúa de alta calidade residencial e que será traspasada ao Concello de Vigo.
«Estamos facendo un cambio radical en tódalas infraestruturas provinciais e esta hai que poñela moi en valor», destacou a presidenta da Deputación na súa intervención. Carmela Silva explicou que trátase dunha obra moi custosa «nun lugar que estivo abandonado durante 50 anos». Lembrou que a veciñanza levaba décadas reclamando seguridade viaria e que houbera rúas para que os peóns puideran ocupar o espazo público. «E neste tempo», denunciou, «só atoparon silencio» por parte da Administración titular da estrada.
«Durante 50 anos a Deputación de Pontevedra nunca tivo na súa mente facer esta obra e cando nós comezamos a gobernar foi a primeira que pediu o alcalde de Vigo, quen consideraba intolerable que esta vía provincial estivera na situación na que estaba».
Silva tivo palabras de agradecemento para a presidenta da asociación de veciños, Fina Barreiro, e o seu vocal Gonzalo Martínez, que xogaron un papel moi activo dialogando coa veciñanza e acadando a cesión dos terreos necesarios. «Foi moi complexo e foron persoas imprescindibles para conseguir que se fixera esta obra, e así, dentro de 18 meses, non vai haber quen recoñeza este entorno». A maiores, adiantou que a Deputación xa está a traballar nun proxecto conxunto para a totalidade do trazado da estrada e anunciou o seu desenvolvemento neste mandato.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.