RGPD - Cookies
Vigo al día

#DefendeAGalega Con este son xa 90 ‘venres negros’ dos compañeiros de CRTVG

Os compañeiros da CRTVG cumpren, con este, 90 ‘venres negros’- achéganse xa aos dous anos- denunciando a  “manipulación”  e  o“desmantelamento” dos medios públicos de Galicia.

Por medio do colectivo #DefendeAGalega, amosan a súa protesta cada semana vestidos con prendas de cor negro, e esixen ao Goberno de Galicia que cumpra coa súa propia lei, a Lei de Medios, e poña en funcionamento o Consello de Informativos, que recolle esa lei, como órgano interno de participación dos profesionais da información.

90 venres despois, os responsábeis públicos, dende o director xeral da CRTVG ata o presidente do Goberno de Galicia, ou negan ou se desentenden das reivindicacións dos profesionais…pero as protestas e as reivindicacións non cesan.

 

También te puede interesar