RGPD - Cookies
Comarcas

O Porriño, plató de cine dende este domingo

Dende o domingo, e durante catro días, O Porriño convertirase nun plató para levar ao cine un dos libros do escritor porriñés Diego Giráldez. O director e guionista Antón Veiga, logo de anos de traballo, conseguiu poñer en marcha a rodaxe desta curtametraxe baseada no libro de relatos “Galería de saldos” (Xerais), un dos máis aplaudidos  pola crítica e o público galegos en 2016.

A curtametraxe, titulada “Para sempre, Malévich”, é unha adaptación concreta dun dos relatos do libro, aínda que haberá tamén diversas diferencias a outros personaxes da obra. O filme ten dous protagonista principais: por unha banda, á actriz galega Iria Sobrado coñecida polo seu traballo en distintas películas e series de televisión como “Pazo de familia” ou “Rías Baixas”; tamén ten unha longa traxectoria en teatro. O outro actor protagonista é Felipe Cotelo. Cotelo é un actor invidente da compañía de teatro Valacar, da ONCE, organización que dende o principio apoiou a idea. A aposta do proxecto por contar cun actor invidente pon de manifesto o interese por visibilizar e normalizar a diversidade funcional.

Durante estes catro días, o equipo da curtametraxe dirixida por Antón Veiga, rodará o filme en distintas localizacións da vila: o hostal “Maracaibo”, o cemiterio municipal, a Sala Ingrávida, os exteriores do centro de saúde e o pub Bumba.

Unha historia de 8 minutos intensos

“Para sempre, Malévich” é unha historia de dous personaxes -Mara Vega, directora dunha galería de arte, e Bertram Herzog, marchante de arte- que se coñecen grazas a unha obra do pintor ruso Kasimir Malévich. Ese encontro e a enfermidade de Mara cambiarán para sempre as súas vidas.

A curtametraxe, producida por Elemental Chefs, que conta coa colaboración da ONCE e Gadis, vai participar en multitude de certames nacionais e internacionáis. Cun especial foco nos de cinema inclusivo.

También te puede interesar